martes, 20 de diciembre de 2016

Terraferma, a película ( por 5ºB)


A película trata do maltrato aos emigrantes nalgúns países. Reflexa a importancia de non abandonar a ninguén pola cor da pel.
Non hai que ter medo a nada se o que estamos facendo é o correcto.
A película gustounos porque é certo que todos somos iguais. (Antía, Marco, Erea, Xela)

Esta película trata dunha illa na que vive unha familia con poucos recursos que só vive da pesca. Un día que ían pescar atoparon a uns refuxiados e alóxanos na súa casa para que non os atopen, enfrontándose ás leis do seu pobo.
(Raúl, Lía, Gadea)

A atención e a axuda aos refuxiados que se ve nesta película parécenos ben porque todos somos humanos e merecemos unha boa vida e respecto.
(Ana, César, Lucía A, Matías)

Terraferma é unha película que nos gustou moito. O que menos nos gustou foi o final e o que máis nos gustou foi cando o tío de Filippo levou a todos no seu barco e saltaron todos ao mesmo tempo.
(Alejandra, Cloe, Iago)

Esta película trata sobre os valores da solidaridade hacia os refuxiados porque algúns tíñanno e outros non. En xeral, a película está moi ben polos valores, dificultades e argumento. O único que pode non gustar son as escenas de abandonos e o final aberto.
(Aldara, Lucas, Noelia, Teo)

Segundo largometraxe: Terraferma (por 5º A)







Terraferma, película orixinal
que che recomendo para reflexionar
e para ós demais respectar. (Manuel A, Martín A, Eloi A)

Esta película gustounos moito porque trata sobre que debes axudar á xente e loitar para que ninguén faga o contrario. (Aleida, Carla L, Carlos, Sonia)

Nesta película aprendemos a respectar á xente e non meternos con ninguén pola súa orixe, senón que debemos axudar a todo o mundo. ( Xiana, Manuel C, Xela, Celia)

Esta película chámase Terraferma. É unha película Italiana que nos axuda a reflexionar sobre o racismo e os refuxiados. ( Mauro, Claudia, Carla A, Anxo)

martes, 25 de octubre de 2016

Antz, a película (por 5ºB)

Esta película trata sobre que todos somos iguais.
Tamén reflexa a importancia de ter unha opinión propia e ser quen de defendela ante as "autoridades".
O valor do traballo colectivo destaca, principalmente, nesta película.
O esforzo, cando unha persoa quere, pode axudarlle a conseguir o que queira.
Non debes tratar aos demáis como non queres que che traten a ti.
Se queres algo, esfórzate para conseguilo!


Primeiro largometraxe: Antz (por 5ºA)

A primeira película que vimos foi Antz.
Esta película reflexa a importancia do traballo en equipo e da colaboración entre os membros do grupo.
Tamén nos anima a confiar nos nosos compañeiros/as.
Móstranos como non debemos rendernos nunca porque aínda que as cousas non che saian á primeira, se o volves tentar, podes conseguilo.
Debemos ter fé en nós mesmos!


martes, 27 de septiembre de 2016

Un blog divertido de 5º

Benvidos ao blog de Valores!

Se queredes aprender a respetar ás persoas, podedes entrar e aprender neste blog público.

Aquí aprenderemos moitas cousas novas!!

                                                                    Gadea, Lía, Raúl 

Un bo comezo!!!

Benvidos a todos/as ao blogue de valores de 5º.

Pasarédelo moi ben aprendendo.

Este é o noso lugar!

Faremos actividades moi divertidas durante o curso, e moito máis!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

                                                      Aldara, Lucas, Noelia, Teo

O mellor blog para aprender!

Benvidos ao blog de valores de 5º!!

Durante este curso publicaremos as cousas que fagamos na aula e vos poderedes opinar sobre elas.

Esperemos que vos guste !!!!!!!!!!!

                                                                
                                                              Antía, Erea, Marco, Xela

Blog molón!

O noso blog de clase é moi axeitado para xogar e aprender ao mesmo tempo.
Así aprenderedes a respetar á xente e que te respeten a ti tamén.
Visítao de cando en vez e verás cousas novas.

Non é perfecto, pero... É o noso blog!

                                                                     Alejandra, Cloe, Iago

Benvid@s ao noso blog

Algúns nenos e nenas da clase 5º de Valores queren darvos a benvida a este blog. Aquí escribiremos o que imos facendo nas nosas clases.

Saúdo!

Ola a todos/as, 

somos os alumnos de 5º e queremos recomendar este blog, porque ao longo do curso iremos escribindo o que facemos na nosa clase de Valores.
Esperamos que vos interese o que escribimos.

Un saúdo.

                                                 Aleida, Carla, Carlos, Sonia

Unha introdución

Ola, somos os grupos de valores de 5º.

Desexamos:
  • Que vos guste o blog.
  • Que vos gusten os nosos traballos da clase de valores.
  • Que poñades comentarios positivos. 
                               Anxo, Carla, Claudia, Mauro  

martes, 20 de septiembre de 2016

Un blog molón, para aprender mogollón!

 Benvidos/as ao noso blog!
Se entraches aquí,
es un molón/a!
Gua, gagagá, gagagá!


DISFRÚTAO!

Un rap orixinal para comezar



Este blog é moi orixinal
porque todos xuntos podemos opinar
e os nosos comentarios deixar
para que outra xente os poida valorar.