martes, 25 de octubre de 2016

Antz, a película (por 5ºB)

Esta película trata sobre que todos somos iguais.
Tamén reflexa a importancia de ter unha opinión propia e ser quen de defendela ante as "autoridades".
O valor do traballo colectivo destaca, principalmente, nesta película.
O esforzo, cando unha persoa quere, pode axudarlle a conseguir o que queira.
Non debes tratar aos demáis como non queres que che traten a ti.
Se queres algo, esfórzate para conseguilo!


Primeiro largometraxe: Antz (por 5ºA)

A primeira película que vimos foi Antz.
Esta película reflexa a importancia do traballo en equipo e da colaboración entre os membros do grupo.
Tamén nos anima a confiar nos nosos compañeiros/as.
Móstranos como non debemos rendernos nunca porque aínda que as cousas non che saian á primeira, se o volves tentar, podes conseguilo.
Debemos ter fé en nós mesmos!