martes, 30 de mayo de 2017

Colmillo Blanco 5ºB

 A película americana Colmillo Blanco, producida por Disney e dirixida por Jack London, está ambientada no Canadá.
Colmillo Blanco é un cruce entre can e lobo ao que lle morre a nai, e ten varios donos que o trataban mal, ata que se atopa cun xoven de bo corazón do cal se fai amigo.
A película trata sobre a amizade entre o can e o seu amigo.


Colmillo Blanco 5ºA

Colmillo Blanco é unha película ambientada no Canadá na que,apréndese sobre o maltrato animal.
A película trata de como se trataban os animais e como buscaban ouro naquela época.
A nós gustounos a película,en xeral, pero, o final especialmente, porque é moi bonito que Jack e Colmillo Blanco se atopen de novo.
Con esta película aprendemos moitas cousas e gustáronnos moito as paisaxes.



martes, 2 de mayo de 2017

Cobardes. Película (5ºB)

Esta película reflexa o acoso escolar que sofren algúns nenos hoxe en día.
Ao principal personaxe da película, un neno, insultábano polos seus rasgos físicos, abusaban del, perseguíano ata a casa, encerrábano, etc.
O rapaz non o contaba por medo e timidez, ao final enfadábanse con el.
Unha persoa de confianza del non era quen parecía ser.
En resumo, tiña unha vida difícil de levar!
Gustounos esta película porque reflexa os problemas que nos rodean e ensínanos  a saber como actuar no caso de que nos atopáramos nunha situación semellante.
Antía, Cloe, Erea, Gadea, Lía, Lucas, Matías, Noelia, Xela. 5ºB

La guerra de los botones. Película (5ºB)

A guerra dos botóns é unha película que trata dunha guerra entre dous pobos.
A guerra  fana uns rapaces e a recompensa da loita son os botóns que lle quitan aos rivais perdedores.
Ao final os líderes dos dous bandos e o pobo axudan a unha nena xudea para evitar que a capturen os policías.
Gustóunos moito esta película porque trata sobre a importancia do traballo en equipo. Axudounos a pensar sobre a vida dalgúns xudeus en anos pasados e a saber que as guerras nunca acaban ben para ningún dos bandos.

Aldara, Alejandra, Ana, César, Iago, Lucía, Marco, Raúl, Teo. 5ºB

Cobardes. Película (5ºA)

 Cobardes é unha película que fala sobre o acoso escolar, tamén chamado bulling.
Trata dun rapaz que está no instituto que é acosado.
A película pareceunos moi interesante.
 Nós cremos que está mal que un grupo de rapaces ou rapazas maltraten a outro compañeiro ou compañeira.
Se algunha vez o vedes ou o sufrides non esquezades denuncialo!
 Aleida, Carla D., Carla L., Carlos, Celia, Claudia, Sonia, Xela 5º A

La guerra de los botones. Película (5ºA)

A película está ambientada en Francia e nela desenvólvese unha `guerra´ entre dous grupos de nenos de diferentes pobos. O conflito comeza cando os nenos dun pobo cazan animais no territorio dos outros. Cando loitaban tentaban atrapar aos membros do grupo rival. O botín son os botóns das camisas e dos pantalóns dos contrincantes.
Máis tarde, entéranse de que Viollete, unha das nenas, é xudea e a perseguen os xendarmes franceses. Entre todos intentan axudala.
A película gustounos moito.
Anxo, Eloi, Manuel A., Manuel D., Martín, Mauro, Xiana 5ºA