miércoles, 15 de noviembre de 2017

Invictus. Película (6ºA)

Gustounos moito a película Invictus porque ensinounos que non podemos xulgar á xente pola súa raza. 
Pareceunos moi interesante porque está baseada en feitos reais. (Carla L., Carla de A., Celia)

 
Esta película está baseada en cando Nelson Mandela xunta a un país dividido polo Apartheid. Mandela ou Madiba conségueo aproveitando o mundial de rugby de 1995 en Sudáfrica. (Anxo, Carlos, Mauro, Manuel C., Martín)

A nós a película gustounos moito. Opinamos que é moi interesante, xa que explica como Nelson Mandela acaba co Apartheid. (Aleida, Xela, Manuel A.,Eloi)

jueves, 9 de noviembre de 2017

Invictus. Película (6ºB)


O outro día acabamos de ver unha peli chamada Invictus. Transmitiunos uns valores moi importantes como: igualdade, traballo en equipo, responsabilidade... 
A película trata sobre cando Nelson Mandela sae da cárcere, despois de 27 anos preso e empeza a presidir Sudáfrica. Mediante o rugby, Madiba, logrou xuntar aos negros e brancos e acabar co apartheid.Recomendamos que vexades a película porque farache pensar e ter máis solidaridade.                                                                                           ( Ana, Antía, Cloe,Lucía GA, Marco eTeo)

Esta película trata sobre a historia de como Nelson Mandela goberna Sudáfrica, intentando reconciliar brancos e negros, despois do Apartheid, a través dun equipo de rugby.
A xente presionábao porque querían cambiar o equipo, que para eles significaba un símbolo do Apartheid. Nelson Mandela intenta seguir co equipo de rugby e que o apoien para reconciliar o país e gañar a copa do mundial de rugby. O capitán do equipo esforzase por motivalo pero eles din que é innecesario. Pouco a pouco a xente do país, blancos e negros, danse conta de que todos son iguais, e que poden vivir xuntos.
Ao final todos, negros e blancos, están todos atentos ao partido porque acaban sendo un país unido, unha mesma Sudáfrica.
(Aldara, Gadea, Lía, Lucas, César, Xela) 
A película empeza cando Nelson Mandela saíu do cárcere e presentase como presidente e gaña as eleccións porque por primeira vez os negros puideron ir a votar. Desde entón Mandela loitou para que todos tiveran os mesmos dereitos e o conseguiu mediante un partido de rugby.
Ao final Nelson Mandela consigue que aos brancos e aos negros lle guste o mesmo equipo.
Esta película trataba de que moi poucos brancos poideron conquistar case todo o sur de África. Esta película gustounos moito e ensinounos que todos temos o mesmo dereitos sexamos españois, chinos, americanos, africanos, koreanos...

                                                                   (Erea, Noelia, Matías, Iago, Alejandra, Raúl)