jueves, 3 de mayo de 2018

Billy Elliot.6ºB

Billy Elliot é unha película que trata dun neno chamado Billy.
El ía a clases de boxeo, ata que descubriu que o seu verdadeiro talento era o ballet.

O seu pai non aceptaba este deporte para él, porque pensaba que só era para nenas.
Ao final o seu pai decátase de que o verdadeiro talento de Billy e bailar e acepta que vaia a unha escola profesional de ballet.

A película gustounos porque nos damos conta de que vivimos nunha sociedade na que, os estereotipos son comúns e parécenos algo normal, e, non nos damos  conta de que estamos favorecendo á desigualdade de xéneros.

jueves, 15 de febrero de 2018

Descubrindo a Forrester. Película 6ºB

Gustounos moito esta película.
A película reflexa o valor da amizade entre Jamal, un estudante adolescente negro ao que lle gusta moito a literatura e xogar ao baloncesto, e Forrester un famoso escritor maior que vive no seu piso, apartado da sociedade.
Jamal e Forrester axúdanse mutuamente; Forrester axuda a Jamal a perfeccionar os seus escritos, e a cambio, Jamal ofrécelle a posibilidade de abandonar a súa solitaria vida.